Arquivo popular eumés

Seccións
Intranet





¿Recuperar contrasinal?
Eventos
L M X J V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Sindicación
ACTIVIDADES
 
CONSULTA AQUI AS BASES Imprimir E-Mail

O ATENEO EUMÉS FERNÁN MARTÍS, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o

I CONCURSO DE CARTEIS

Prazo de presentación: Até o 23 de outubro de 2009

 

BASES:


1.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os autores que o desexen e cumpran as estas bases.


2.- TEMA: Os carteis teñen que estar dedicados á promoción da lingua galega e estar relacionados con Pontedeume.


3.- TÉCNICA E FORMATO: Os orixinais poderán ser confeccionados con liberdade de procedemento de forma que a súa reprodución no ofreza dificultade algunha, excluíndo as tintas douradas e prateadas, así como as cores fluorescentes.

Os traballos deberán conter un slogan referido ao tema do concurso. Presentaranse nun formato de 29,7 cm. de ancho por 42 cm. de alto (A3), sen marxe.

Aqueles autores que opten por realizar as súas obras mediante sistema informático deberán aportar unha reprodución coas características indicadas, ademais de presentalos en soporte dixital, en formato estándar (Freehand, Corel Draw, Illustrator, jpeg, tiff) cunha resolución mínima de 300 ppp.


4.- ENVÍO: O traballos entregaranse acompañados dun sobre cerrado cun lema ou pseudónimo no interior e no exterior do sobre e na parte traseira do cartel, que permita a identificación do autor. No interior do sobre figurará o nome, dirección, teléfonos DNI., e unha declaración xurada na que indique que o traballo é orixinal e inédito. Non poderá figurar en ningunha parte indicación algunha que permita a identificación do concursante. O incumprimento desta norma implicará a exclusión automática do concurso.

Os carteis deberán ser remitidos á direción seguinte:

Concurso de carteis

Ateneo Eumés FERNÁN MARTÍS

Apartado de Correos 80

15600 PONTEDEUME


5.- OBRAS: Cada autor poderá presentar tantas obras como considere oportuno. As obras presentadas teñen que ser orixinais e inéditas. Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso deberán ser responsables da orixe da obra e, se estivera inspirada nun traballo alleo ou utilizase motivos non orixinais, deberán gozar da correspondente autorización dos seus creadores. Será responsabilidade dos autores calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría do cartel e o seu posible plaxio.


6.- ADMISIÓN: O prazo de presentación dos carteis remata o 23 de outubro de 2009.


7.- premios: Establécese un único premio de 300 euros.


8.- XURADO: O xurado, que será designado polo ATENEO EUMÉS.


9.- FALLO: O xurado deberá de emitir o seu fallo -que será inapelable- no prazo dos 30 días seguintes á finalización do período de admisión. O resultado do concurso será comunicado persoalmente ao gañador e publicarase na páxina web (www.ateneoeumes.org). O premio poderá ser declarado deserto.

 

10.- O cartel que resulte gañador quedará en propiedade do ATENEO EUMÉS, así como os dereitos de propiedade intelectual sobre o mesmo, que serán cedidos polo autor de modo gratuíto coa presentación do cartel nas formas expostas nestas bases.

O ATENEO EUMÉS queda facultado para introducir algunha modificación no cartel premiado, se existise algunha dificultade técnica para a súa impresión o cal será comunicado e pactado co autor.

O ATENEO EUMÉS poderá reproducilo libremente sen que tal reprodución supoña dereito algún para o autor. Sempre que sexa posible, mencionarase o nome do autor.

O ATENEO EUMÉS poderá engadir unha franxa na que se inclúan o logotipo e outros datos da organización, así como o do patrocinador.

Os carteis non premiados poderán ser retirados polos autores, no prazo de 30 días naturais a contar desde o seguinte ao fallo do xurado. Transcorrido dito prazo, poderá dispoñerse a destrucción dos mesmos sen dereito a reclamación algunha.

A Organización do Concurso, resolverá as dúbidas que se presenten e tomará os acordos necesarios para o correcto desenvolvemento do concurso en todo o non previsto.

A presentación ao concurso supón a aceptación integra das bases do mesmo.

 

 

 

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
(C) 2010 Ateneo Eumés Fernán Martís