|
Esta actividade consiste na lectura dun libro, que será facilitado polo Ateneo, e despois a asistencia a unha sesión do club coa presenza do autor para comentar a obra. O primeiro libro que se vai traballar nesta actividade será o seguinte: Título: TRILOXÍA EVANXÉLICA MEMORIA Autor: D. Francisco Xavier Alcalá Navarro Editorial Galaxia Os que esteades interesados nesta actividade, tedes que poñervos en contacto co Ateneo Eumés, falando con alguén da Xunta Directiva, para entregarvos o libro. Só tedes que comprometervos a lelo e asistir á sesión do club, na data que se comunicará a cada quen. O día 10, de decembro na conferencia de Lage Tuñas, entregaranse os primeiros exemplares.
|